CRTVG

Buscar

A vacina de Pfizer será a primeira en chegar a España tras a aprobación europea

Publicado o 20/12/2020 21:05

A primeira vacina en chegar a España será a do laborartorio Pfizer. Prevese que mañá luns a Axencia Europea do Medicamento aprobe a comercialización do produto e que a Comisión a valide o mércores. Será tamén mañá cando se coñezan algúns detalles da distribución.

De momento, a compañía xa dixo que ten preparada a loxística para comezar o reparto da vacina en España, en canto dispoña do visto e prace de Bruxelas. O primeiro envío sairá da planta de produción que Pfizer ten en Bélxica. Algúns medios apuntan que o transporte podería ser por estrada e "ata un punto único de distribución desde onde se repartirá a outros centros".

O proceso estará coordinado polo Ministerio de Sanidade, e o de Interior coordinará a distribución. Axentes da Policía e da Garda Civil protexerán en todo momento os lugares de custodia da vacina.

Noticias web

20/12/2020