CRTVG

Buscar

A vacina de Oxford reinicia o ensaio xa que o paciente falecido tomara placebo

Publicado o 22/10/2020 15:13

A Universidade de Oxford e a farmacéutica AstraZeneca seguirán adiante coas probas da vacina contra o coronavirus. Segundo informaron, a morte dun voluntario que participaba nos ensaios clínicos non estaría relacionada coa vacina, xa que lle subministraron un placebo. O falecido, un médico brasileiro de 28 anos, morreu por complicacións relacionadas co coronavirus. No ensaio de Oxford participan uns 8.000 voluntarios e está xa na fase 3, último paso antes da súa aprobación definitiva. A Comisión Europea mercou 300 millóns de doses, pero ten opción de comprar outros 100 millóns máis.

Noticias web

22/10/2020