CRTVG

Buscar

A vacina de Oxford e AstraZeneca ten unha efectividade do 70,4 por cento

Publicado o 23/11/2020 08:49

Segundo resultados preliminares difundidos este luns, a vacina desenvolvida pola universidade inglesa de Oxford e a farmacéutica AstraZeneca prevé a covid−19 nun 70,4 % dos casos.

Estes datos contrastan coa efectividade do 95 % mostrada polos preparados producidos polas compañías Pfizer e Moderna, aínda que o antídoto británico é máis barato e fácil de conservar.

Con todos, estes datos son en global. Se imos aos grupos en que as doses se subministraron nos tempos previstos para a súa loxística, a efectividade aumenta ata o 90 %, como explica o voluntario Joan Pons.

Os investigadores sinalaron que o seu preparado "é eficaz ao previr que moitas persoas enfermen e demostrouse que funciona ben en diferentes grupos de idade".