CRTVG

Buscar

A vacina de Oxford amósase segura en persoas maiores e provoca resposta inmune

Publicado o 19/11/2020 15:29
A vacina de Oxford amósase segura en persoas maiores e provoca resposta inmune

Mentres, a carreira por unha vacina contra a covid-19 continúa dando boas novas. Nesta ocasión é a da universidade de Oxford.

Segundo a revista médica The Lancet , a vacina é segura en persoas maiores sas e provoca resposta inmune. Estes resultados preliminares indican que ofrece resultados similares en adultos de ata 55 anos e en maiores de 70. A vacina de Oxford está na fase 2 das probas.

Noticias web

19/11/2020