CRTVG

Buscar

A vacina de Johnson&Johnson podería distribuírse en Europa en febreiro

Publicado o 13/01/2021 21:48

A Unión Europea traballa para por en marcha unha vacina máis contra a covid-19. Sería a do xigante farmacéutico Johnson&Johnson, da que se estiveron a facer ensaios clínicos en España. 

A Axencia Europea do Medicamento anuncia que xa están a analizar de xeito gradual todas estas probas e ese é o paso previo antes de darlle luz verde a esta vacina, pero Janssen, a filial do xigante farmacéutico Johnson&Johnson, aínda non solicitou oficialmente esta autorización.

Foi a propia comisaria de Saúde, Stella Kyriakides, quen este mércores, nun encontro con eurodeputados, adiantou que posiblemente o fagan dentro dun mes; polo tanto, en febreiro a Unión Europea podería contar xa coa cuarta vacina contra a covid-19. Este tratamento de Johnson&Johnson só necesitaría unha dose e non ten que conservarse en temperaturas baixo cero.

Noticias web

13/01/2021