A vacina alemá Curevac presenta unha eficacia de tan só o 47 %
Publicado o 17/06/2021 14:05

A vacina alemá Curevac amosa unha eficacia de tan só o 47 por cento. Unha mala nova para a farmacéutica, que recibira 300 millóns do Goberno alemán e agardaba poder ter xa autorización para distribuíla no segundo semestre deste ano.
Malia todo, subliñan que continuarán con novas probas para determinar a súa eficacia final, que variará, din, en función das franxas de idade e as variantes do virus.