A UXT pídelle ao Goberno que estenda os ERTE
Publicado o 06/11/2020 15:22
Sobre os presupostos falou o líder da UXT, Pepe Álvarez, de visita en Galicia. Pídelle ao Goberno que estenda os ERTE máis alá de xaneiro e inclúa o gasto nas contas do Estado.
Álvarez tamén lle reclama cambiar a reforma laboral. Cre que os traballadores de Alcoa tiveron que acudir aos tribunais para que a empresa non parase as cubas porque a lei non é o suficientemente clara.