A UXT e CCOO maniféstanse esixindo a derrogación da reforma laboral
Publicado o 14/07/2021 16:00
Os sindicatos volveron sair á rúa para esixirlle ao Goberno a suba do salario mínimo e a derrogación da reforma laboral. Houbo concentracións por toda España. Tamén en Galicia. Na Coruña, a UXT e Comisións Obreiras concentráronse diante da Delegación do Goberno para denunciar a excesiva precaridade do actual modelo laboral. Din que unha suba salarial é imprescindible para acadar unha recuperación real da economía.