CRTVG

Buscar

A Uvigo participa nun proxecto sobre futuros asentamentos humanos na Lúa

Publicado o 02/03/2021 14:55

A Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo participa nun proxecto sobre a posibilidade de establecer asentamentos humanos na Lúa.

O obxectivo primeiro é deseñar un vehículo de exploración espacial e un guindastre que sexan capaces de descender ao interior dunha cova do satélite da Terra.

Unha vez alí o propósito é estudar a súa morfoloxía , a composición das rochas e as condicións ambientais, porque todo apunta a que este tipo de cavidades subterráneas son máis habitables que a superficie da lúa.

Fermín Navarro Medina, investigador da Área de Enxeñaría Aeroespacial da Universidade de Vigo, explica que o prognóstico é que no interior da cova as temperaturas sexan moito máis moderadas que os cambios bruscos que se dan na superficie lunar. Ademais, engade, "a zona do interior deste tipo de covas se encontraría protexida contra a radiación solar".

Como todas as misións aeroespaciais, esta tamén é a moi longo prazo. A previsión é que no ano 2030 os astromóbiles e robots que se deseñan agora poidan desvelarnos os segredos do mundo subterráneo lunar.

Noticias web

02/03/2021