CRTVG

Buscar

A USC traballa nun novo dispositivo de análise da planca dental

Publicado o 25/12/2016 14:57

Esta nova técnica permitirá previr e tratar as enfermidades bucodentais atendendo ás características biolóxicas de cada un de nós

Arredor dos nosos dentes fórmase unha placa compostapor máis de cincocentas bacterias que condicionan as enfermidades bucais que temos ou podemos desenvolver. Ata agora o xeito de analizar esta placa era retirar do dente unha mostra e analizala despois, pero deste xeito rompíase a estructura complexa da placa e só se analizaba parcialmente, arredor de 20 ou 30 bacterias.

O novo dispositivo estudado pola investigadora Isabel Pradainstálase na boca do paciente mediante unha férula e permite unha análise moito máis fidedigna.

"Este dispositivo vainos permitir estudar unha placa dental o máis similar posible á que se nos forma na boca. Entón imos mellorar moito as estratexias que podemos aplicar, o estudo sobre as estratexias para poder controlar a formación desa placa.

Así despois de dous días coa férula na boca o odontólogo poderá analizar a mostra que se formou arredor do noso dente"Despois deste tempo o que se fai no microscopio é que retiramos o disco e sobre esta superficie temos a placa dental similar á que se vai formar na boca"

A continuación faise unha análise microscópica e xenómica."Iso permítenos poder estudar non só as características propias da placa dental, que é a orixe da maioría das enfermidades infecciosas que se producen na boca, senón que ademais permítenos estudar como os axentes antibacterias dos que dispomos actúan sobre esa placa dental, que é a realidade da situación clínica."

Esta é a primeira fase da investigación, a seguinte, na que xa están traballando, é completar o estudo cunha mostra fotográfica da placa, de xeito que ao analizalo informaticamente cuantifique os niveis e características da placa de cada paciente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2016