A USC publica un vocabulario en liña con case 200 termos sobre a covid
Publicado o 16/12/2020 21:18
A escuridade deste ano tapounos a boca coa máscara, pero enchéunola de palabras novas. Unha catarata de conceptos. Cada vez máis palabras, cada vez máis expresións.
A RAG comezou xa na primavera a incluír os termos que máis se usaban, que logo ampliou. Agora o Servizo de Normalización Lingüística da USC publica en liña un nutrido vocabulario do coronavirus. Recomendan case 200 conceptos nesta listaxe.
Ao buscar un termo, atopámolo como mínimo en tres idiomas. E podemos buscar un termo en calquera idioma para logo atopalo en galego.