CRTVG

Buscar

A USC prepara un estudo sobre os efectos das tecnoloxías nos adolescentes

Publicado o 18/11/2020 14:50

A Universidade de Santiago, en colaboración con Unicef, vai facer un seguimento a 100.000 menores de toda España para estudar os efectos das tecnoloxías en nenos e adolescentes. O consumo aumentou coa pandemia e, malia que teñen efectos positivos, o abuso das redes ou de videoxogos violentos pode ter riscos.

"O estrago que pode facer nunha mente de 10, 11 ou 12 anos, que está aprendendo valores para convivir. Iso hai que supervisalo".

"Estímase que en Galicia máis de 10.000 menores están apostando en luña. Calquera conduta potencialmente adictiva que se inicia na adolescencia ten tres ou catro veces máis probabilidades de converterse nunha verdadeira adicción", di o profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago e director do estudo.


 

Noticias web

18/11/2020