CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A USC mostra a sociedade que a experimentación de calidade parte do benestar dos animais

Publicado o 13/04/2017 21:33

A investigación con animais é fundamental no desenvolvemento de tratamentos médicos. E para que eses ensaios teñan resultados de calidade tamén é importante o benestar dos propios animais. Sábeno ben na Universidade de Santiago.

A experimentación animal réxese polo principio das tres R: reemprazar, reducir e refinar. Todas elas necesarias para o benestar dos animais e imprescindibles para chegar a unha experimentación de calidade.

Existen consideracións éticas e legais moi estritas ao redor do uso dos animais. Os roedores son os máis empregados, nun 75%, pola manipulación xenética que estes permiten. As funcións das instalacións e do persoal tamén están estipuladas na lexislación.

Dende a USC, os experimentadores queren mostrar á sociedade que a investigación de calidade tan só é posible a partir do benestar dos animais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/04/2017