CRTVG

Buscar

A USC entregou os XII Premios á Calidade Lingüística

Publicado o 01/03/2017 20:05

Recoñecen o esforzo e a excelencia no emprego do galego daqueles alumnos que o utilizan para os seus traballos académicos

 

Outra iniciativa, esta veterana, a prol de potenciar o galego: a Universidade de Santiago entregou os seus duodécimos Premios á Calidade Lingüística. Recoñecen o esforzo e a excelencia no emprego do galego daqueles alumnos que o utilizan para os seus traballos académicos en áreas que van dende as Humanidades ás Enxeñerías.

O curso pasado máis dun cento de alumnos da universidade compostelá elixiron o galego para os seus traballos académicos, de fin de mestrado e proxectos de fin de carreira. 15 deles foron premiados desta vez en cada unha desas tres categorías. Valórase non só o emprego do galego nos textos; tamén a calidade do seu uso.

Os galardoados demostraron un ano máis que non hai límites no uso do galego: nas Humanidades, si, pero tamén nas Ciencias Sociais, a Enxeñería, a Xeografía... Que o mesmo serve para investigar os "complexos heterometálicos de zinc en lantánidos", aínda que á maioría de nós nos soe máis a chinés, que a "emigración galega ao Paraguai a finais do XIX".

A novidade do acto de entrega deste ano, abundando na súa solemnidade, foi a participación da Orquestra de Cámara da Universidade de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2017