CRTVG

Buscar

A USC concédelle a súa maior honra ao premio Nobel de Química Ben Feringa

Publicado o 07/05/2019 17:23

O Premio Nobel de Quimica 2016, Ben Feringa, é o novo doutor honoris causa pola Universidade de Compostela. Feringa visita Santiago convidado polo programa ConCiencia e o centro de investigación, CIQUS, un equipo co que mantén unha estreita relación e que o vincula desde hai anos con Santiago.

Ben Feringa plasmou no libro de honra do Concello compostelán o debuxo dunha máquina molecular. O seu deseño e síntese valeulle ao científico holandés o Premio Nobel de Química en 2016.

Feringa mantén desde hai 20 anos unha estreita relación con Santiago a través do departamento de Química, no que ten colaboradores e 3 discípulos brillantes que xa o superaron, di, e que lle fixeron importantísimas contribucións.

As aplicacións das máquinas moleculares de Feringa permitirán crear medicinas intelixentes que actúen directamente sobre o problema.

Quen queira saber máis e contaxiarse do entusiasmo deste home, ten unha cita con el este mércores no auditorio de ABANCA onde dará unha conferencia aberta ao público baixo o título 'O gozo do descubrimento'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019