A USC acolle unha exposición sobre o legado de Concepción Arenal
Carta á Universidade, carta aos delincuentes, a súa obra literaria; a máis coñecida , a obra penitencialista... Documentos, pezas que agochan o seu pensamento, a súa loita. Unha mostra na Universidade de Santiago homenaxea a Concepción Arenal.
Un século dunha España decadente. Na España en que Concepción Arenal loitou pola educación como ferramenta transformadora da sociedade. Dela é a frase 'Abride escolas, pecharedes cárceres'. Dela a loita polos máis desfavorecidos. Dela os comezos do feminismo.
A mostra achega documentos que non se coñecían. Como a relación de Arenal co reitor e un profesor da universidade de Santiago e outras descubertas.
Tamén a súa relación con outras mulleres, todas galegas coma ela: Juana de Vega, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Reflexións dunha exposición. A que nos convida a coñecer a unha figura, cóntanos, non o suficientemente recoñecida.