CRTVG

Buscar

A universidade privada de Abanca fará fincapé na formación empresarial

Publicado o 25/05/2021 15:48

Galicia ten tres universidades públicas. A futura universidade privada vai contar con campus na Coruña e Vigo e terá a súa sede en Santiago. Está promovida pola fundación Abanca e fará fincapé na formación empresarial.

Ofrecerá titulacións oficiais en ciencias xurídicas e sociais, arquitectura e enxeñería. Contará cunha facultade de Administración de Empresas e Dereito e cun instituto universitario de investigación.

Entre o estudantado, algunhas persoas amósanse a favor de que ensino público e privado convivan. Outras pensan que é preciso potenciar as universidades públicas.

Galicia é unha das poucas comunidades sen universidade privada. Agora só quedan sen ela Asturias, as Baleares, Castela-A Mancha e Estremadura. A futura universidade privada conta co visto e prace do Ministerio de Educación.

Noticias web

25/05/2021