CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Universidade Laboral de Ourense aumenta a súa oferta formativa

Publicado o 29/08/2017 15:10


A Universidade Laboral de Ourense amplía a súa oferta formativa en materia de automoción e xardinería. Hoxe convertida en Instituto de Ensinanza Secundaria ofrece aos alumnos a posibilidade de cursar a FP Dual, unha modalidade cada vez máis elixida polos alumnos que ofrece prácticas pagadas en distintas empresas.



Son as novas instalacións do módulo de automoción do IES da Universidade Laboral de Ourense. Un módulo de formación profesional dual que abre una vía para achegar as aulas ás empresas.

Dende hai cinco anos triplicáronse os mozos que ven neste tipo de formación a súa saída laboral. Xosé María é hoxe director deste instituto pero antes coma docente viu nacer a universidade laboral en Ourense, foi a penúltima que se abriu en España.

Foise adaptando aos tempos ata converterse nun dos centros de referencia a nivel da automoción do estado.
O que pervive é o seu criterio fundacional aquí integranse no mesmo centro a estudantes de secundaria de bacharelato e de formación profesional.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí