CRTVG

Buscar

A Universidade de Santiago, entre as dez mellores de España

Publicado o 15/08/2018 15:16

A Universidade de Santiago manténse como unha das dez mellores universidades españolas, segundo o recoñecido ránking Shanghai.

A institución compostela comparte prestixio con universidades como as Autönomas de Madrid e Barcelona, a Pompeu Fabra, a Complutense ou a Politécnica de Valencia. Tampouco perde postos entre as 500 mellores do mundo que a Universidade de Shangai elixe no estudo. Así dálle moi boa puntuación a Ciencias Veterinarias e a Tecnoloxía e Ciencia dos Alimentos pola súa capacidade para investigar. As facultades de Matemáticas, Farmacia e Química tamén destacan neste listado internacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2018