CRTVG

Buscar

A universidade de Córdoba certifica que o aceite de Quiroga está entre os dez mellores do mundo

Publicado o 03/07/2019 21:25

En poucas semanas, os produtores de aceite de Quiroga poderán utilizar nos envases a etiqueta que os certifica como biosaudables segundo as normas da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria. Un estudo encargado polo concello á Universidade de Córdoba, a máis recoñecida neste campo, establece que o alto contido en polifenoles do aceite quirogúes convérteo nun dos dez mellores do mundo polas súas propiedades antioxidantes. De feito, o contido mínimo en polifenoles para ser catalogado de biosaudable é de 250 milígramos. Algunhas mostras quiroguesas chegaron a triplicar esa cantidade. Os produtores din que este é o resultado de moitos anos de esforzo. Manuel Mondelo, produtor do aceite de Quiroga:"O que pasa é que hai que ter paciencia e adicar esforzos porque unha oliveira tarda cinco anos en comezar a producir e outros vinte e cinco en alcamzar o máximo rendemento."

Os produtores de aceite de Quiroga agardan que este recoñecemento sirva de estímulo para que se incrementen na zona as plantacións de oliveira e se poda ampliar a produción, que actualmente é duns 35.000 litros anuais. Lembran que a oliva se paga a arredor dun euro e medio o quilo polo que pode ser unha boa fonte de ingresos para a comarca.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019