CRTVG

Buscar

A Universidade de Coímbra non poñerá vaca nos comedores para atallar o cambio climático

Publicado o 19/09/2019 15:59

O anuncio desta medida nun país que non destaca especialmente pola conciencia medioambiental fixo que se convertera no tema do día en Portugal. O reitor desta universidade, unha das máis antigas de Europa, comunicouno no discurso de inicio do curso. Explicou que dende xaneiro non se servirá carne de vaca porque "vivimos nun tempo de emerxencia climática e temos que frear esta catástrofe natural anunciada".

Nas 14 cafeterías da Universidade de Coímbra sérvense 20 toneladas de vaca ao ano. Lembramos que hai pouco a ONU informaba de que estes animais emitían máis gases invernadoiro ca o transporte. Os medios portugueses xa se interesaron por investigar que alternativas se estudan, e un xornal xa publicou que a carne será substituída por tofu e seitán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019