A Universidade da Coruña, referente en xestión ambiental
Publicado o 10/12/2019 20:26
A Universidade da Coruña está entre as máis respectuosas de España co medio ambiente. Segundo a táboa clasificatoria mundial que elabora a Universidade de Indonesia, sitúase na terceira posición, catro postos máis arriba que na anterior clasificación.
Unha mellora que a Universidade da Coruña atribúe ao labor realizado desde a Oficina de Medio Ambiente, tanto en xestión ambiental como en sensibilización e participación da comunidade universitaria.
No conxunto do mundo, A Coruña ocupa o posto número 85.