CRTVG

Buscar

A Universidade da Coruña atesoura dende hoxe dúas xoias da cartografía

Publicado o 20/02/2019 21:55

A Universidade da Coruña atesoura dende hoxe dúas xoias da cartografía. Unha é a carta xeométrica de Galicia, que o matemático Domingo Fontán terminou en 1845. É o primeiro mapa físico que se fixo con medicións matemáticas.

A outra é o mapa petrográfico galego, de Guillermo Schulz. Os dous chegaron por casualidade a mans do catedrático Juan Ramón Vidal Romaní, que literalmente os salvou de acabar no lixo, e hoxe entregounos á universidade para que poidan ser conservados.


 

Noticias web

20/02/2019