CRTVG

Buscar

A Unión Europea prohibe os voos do Boeing 737 Max en todo o seu espazo aéreo

Publicado o 13/03/2019 08:25

• A medida tómase ata que se aclare por que estes avións, novos, estouran no aire poucos minutos despois de engalar

• A compañía norteamericana perdeu 25.000 millóns de dólares nos últimos dous días. Hai 370 avións deste modelo. 

A Unión Europea prohibe os voos do Boeing 737 Max en todo o seu espazo aéreo

Veto europeo ao modelo de avión de Boeing accidentado en Etiopía. A Axencia Europea de Seguridade Aérea ordena suspender todos os voos co modelo 737 Max 8 e Max 9 do fabricante estadounidense. Adopta esa decisión como medida preventiva e para garantir a seguridade dos viaxeiros. Ningún destes avións poderá sucar o espazo áereo europeo. A prohibición afecta tamén todos os voos con ese modelo con orixe ou destino no continente. 

A Axencia Europea de Seguridade prohibe que o modelo 737 Max sobrevoe todo o espazo europeo ata que se aclare por que estes avións, novos, estouran no aire poucos minutos despois de engalar. Van dous sinistros moi similares en só seis meses, con 350 mortos. As accións de Boeing caeron e a compañía norteamericana perdeu 25.000 millóns de dólares nos últimos dous días. Hai 370 avións deste modelo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019