CRTVG

Buscar

A Unión Europea reclámalle unha indemnización económica a AstraZeneca

Publicado o 11/05/2021 11:09

A Comisión Europea (CE) e os países da Unión reclamaron este martes ante a Xustiza belga unha indemnización económica, por suposto incumprimento do contrato, á farmacéutica anglosueca AstraZeneca.

A indemnización solicitada, a título provisional, é dun euro. Porén, máis adiante a representación legal da administración europea fixará a cantidade precisa que piden en concepto de danos e prexuízos.

O Executivo comunitario e os estados membros xa denunciaran a AstraZeneca ante o Tribunal francófono de primeira instancia de Bruxelas, con carácter de urxencia, para reclamaren as doses da vacina contra a covid-19 que o laboratorio non entregou.

 

Noticias web

11/05/2021