A Unión Europea debate a interrupción de exportacións de vacinas a terceiros
Publicado o 25/03/2021 15:09
As vacinas centran o cumio de líderes europeos que arranca hoxe. Analizan se interrompen a exportación de vacinas a terceiros porque hai países, como Reino Unido, que non están a subministrar a Europa co ritmo previsto.
Van a estudar a proposta para endurecer as exportacións e asegurar así doses para Europa. Fontes diplomáticas sinalan o Reino Unido coma un problema, pero tamén apuntan a AstraZeneca, que atrasa todo o proceso.
Con todo, hai prudencia para tomar esa medida de endurecer as exportacións de vacinas porque esta decisión podería afectar as cadeas globais de produción farmacéutica e quizais desatar unha guerra comercial co Reino Unido e cos Estados Unidos. Para evitalo, Joe Biden estará presente na teleconferencia.