A Unión Europea busca unha vacina propia para aliviar a subministración
Publicado o 02/02/2021 13:13

A Unión ten os ollos postos nun antídoto de selo europeo. Dúas empresas alemás traballan para ter unha vacina antes de que remate este ano.
Mentres non chegan, escoitamos novas voces que alertan da falta de vacinas: o ministro de Finanzas alemán cre que a Unión debeu encargar máis cantidade e facelo antes.
Para frear as críticas, a presidenta da comisión reúnese hoxe a porta pechada cos principais grupos do Parlamento Europeo. Vailles explicar os problemas coas farmacéuticas.