CRTVG

Buscar

A Revista FDS

A Unión de Sociedades Galegas na Arxentina vén de entregar os seus premios Galegos do Ano

Publicado o 03/12/2016 12:54
Mudamos agora de continente e imos ata Bos Aires onde esta madrugada a Unión de Sociedades Galegas na Arxentina vén de entrega-los seus premios Galegos do Ano. Un recoñecemento que premia a un mozo e a un veterano galego residentes no país austral pola súa contribución a espallala cultura galega alén do seu territorio.



Horacio e Nicolás non son habituáis nos medios de comunicación pero esta madrugada acapararon tódalos flases ó seren distinguidos como Galego do Ano e Xoven Galego do Ano, respectivamente.

Un recoñecemento outorgado pola Unión de Asociacións Galegas na Arxentina.

José Luís Sangiao - Presidente da Unión de Asociacións Galegas da Arxentina
"Para nós isto é moi importante porque nós facemos Galicia fora de España tódolos días. E que estes recoñecementos vaian a aqueles dirixentes que fixeron historia de verdade, porque fixeron grandes ós nosos centros".

Moita emoción no rostro de Horacio Pegito, un vedrés histórico cuxa distinción recibiu unha constante ovación, con verbas de agarimo que chegaron dunha e doutra beira do Atlántico para agradecer o seu gran traballo á fronte de numerosas institucións.

Horacio Pegito - Galego do Ano 2016
"Hoxe é un día moi especial e estou moi contento e orgulloso de tal distinción. É algo que non sei se o merecerei pero bueno, é a traxectoria dunha vida adicada á colectividade".

O outro premiado da noite, Nicolás Ameijeiras, un gaiteiro innovador líder e entusiasta, é unha boa mostra dos dirixentes que terá a coelctividade galega presente e futura do país austral.

Seus avós, de Corcubión, estiveron sempre presentes nesta data especial.

Nicolás Ameijeiras - Xoven Galego do Ano 2016
"Orgullo. Orgullo pola miña familia máis que nada. Significa que todo o traballo que veño facendo, máis aló de que o disfrutei, veleu de algo, sígueo valendo e vaino a seguir valendo".

Ambos son un exemplo da continuidade que ten a fecunda Galicia exterior que habita na Arxentina.

Os homenaxeados lévanse para a casa unha estatuiña, pero tamén o respeto e o cariño de centos de galegos da diáspora, e sobretodo, a satisfacción de ter cumprido coa súa outra terra: Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

03/12/2016