CRTVG

Buscar

A Unidade Militar de Emerxencias súmase á loita contra o coronavirus

Publicado o 15/03/2020 18:54
A Unidade Militar de Emerxencias súmase á loita contra o coronavirus

O exército únese á loita contra o coronavirus. A UEM despregou 350 tropas de varias cidades nas áreas de maior risco de propagación para facer recoñecementos preliminares que permitan identificar as necesidades. Esas cidades son Madrid, Valencia, Sevilla, Zaragoza, León, As Palmas e Santa Cruz de Tenerife. 

Durante o período de alarma as Forzas Armadas contarán cun control único, o Xefe do Estado Maior da Defensa, o xeneral Miguel Villarroya Ángel. 

Ademáis, activáronse médicos militares na reserva e déronse instruccións á farmacia militar para aumentar a preparación da solución desinfectante hidroalcohólica, así como outros medicamentos.