CRTVG

Buscar

A unidade de lesionados medulares do CHUAC alerta do perigo de tirarse de cabeza

Publicado o 02/07/2021 12:41

Desde a unidade de lesionados medulares do hospital da Coruña alertan do perigo de tirarse á auga de cabeza. Este ano aínda non rexistraron ningún ingreso, pero cualifican de terrible o ano pasado, con cinco casos.

Botarse á auga de cabeza supón un risco moi elevado de ter unha lesión moi grave: paraplexia ou tetraplexia. Tamén as caídas de bicicleta, sobre todo de montaña. O perfil do lesionado é un home novo.

Antonio Rodríguez Sotillo, xefe da unidade de lesionados medulares do CHUAC: "En 41 anos de profesión, non vin ningún caso de lesión medular por mergullo en mulleres. Tirarse de cabeza á auga faino un home novo, rodeado de amigos, en festas, moi típico de homes novos". 

"A prevención da lesión medular é moi fácil. Se pensas que podes quedar tetrapléxico por tirarte de cabeza á auga, xa fixeches a prevención. Como nos podemos tirar? Primeiro, coñecendo a técnica; segundo, que haxa tres metros de profundidade, que non haxa obras nin outros bañistas. Con esas condicións podes tirarte de cabeza á auga, pero a primeira vez, primeiro de pé".

 

Noticias web

02/07/2021