CRTVG

Buscar

A unidade de cabalería da Policía incorpórase ao dispositivo de busca da muller desaparecida en Santiago

Publicado o 10/08/2021 14:19
A unidade de cabalería da Policía incorpórase ao dispositivo de busca da muller desaparecida en Santiago

Terceiro día sen noticias do paradoiro de María Chico, unha muller de 76 anos que padece demencia e que desapareceu o sábado á noite nas proximidades da súa vivenda na parroquia da Enfesta, no rural de Santiago.

A policía incorporou hoxe ao dispositivo de busca efectivos das unidades de cabalería e drons que se suman aos da Axencia Galega de Emerxencias. Preto dun cento de veciños colaboran tamén nas tarefas de rastrexo.

María Chico mide metro e medio, ten o pelo curto e branco, usa lentes e, no momento da súa desaparición levaba un xersei marrón e pantalón azul.

Noticias web

10/08/2021