CRTVG

Buscar

A única unidade móbil de intervención de dó do noso país está estes días por Galicia

Publicado o 06/12/2018 12:26

A única unidade móbil de intervención do noso país está estes días por Galicia. Trátase dunha autocaravana con capacidade para atender unha ou varias persoas que pasan por un momento moi delicado da súa vida e precisan axuda.

Diferentes profesionais en dó atenden de forma voluntaria e gratuíta cada unha destas vivencias persoais. Momentos en que perdemos un ser querido, conflitos familiares, enfermidades terminais... son algunhas das escoitas que poden levar a cabo.

Esta UMI, que hoxe se situou nos exteriores do Álvaro Cunqueiro de Vigo, xa estivo no aniversario de Angrois e no tráxico accidente de rally en Cambre.

Esta unidade móbil percorre toda España co único obxectivo de escoitar aquelas persoas que pasan por unha situación traumática na súa vida e precisan axuda.

Estes días esta unidade móbil de intervención de dó está nos exteriores do hospital Álvaro Cunqueiro. Por aquí pasan persoas de todo tipo, dá igual a idade e a súa situación persoal. De maneira voluntaria e gratuíta, estes profesionais atenden a quen o desexe.

Esta unidade móbil de intervención, que estes días está pola nosa comunidade apoiando o centro de escoita de Vigo, xa estivo presente no aniversario de Angrois e no tráxico sinistro do accidente de Cambre. Este mércores deixarase ver por Santiago de Compostela, onde tamén darán unha conferencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018