CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade os camiños Primitivo e Norte a Santiago

Publicado o 06/07/2015 15:08

A distinción foi recibida con satisfacción polos comerciantes e hostaleiros

Satisfacción polo nomeamento como patrimonio da humanidade os camiños primitivo e do norte a Santiago. O máximo grao de protección do que agora gozan estas rutas xacobeas esténdense aos principais monumentos dos lugares polos que discorren, que no caso de Galicia son as catedrais de Lugo e de Mondoñedo e mailo mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Os camiños Primitivo e Norte xa son Patrimonio da Humanidade. As rutas xacobeas do norte peninsular foron incluídas pola UNESCO na lista de bens culturais que son patrimonio mundial. A distinción foi recibida con satisfacción polos comerciantes e hostaleiros.

A declaración de patrimonio mundial inclúe unha serie de monumentos das rutas xacobeas distinguidas. No caso de Galicia son a catedral de Lugo no Camiño Primitivo e o mosteiro de Sobrado dos Monxes e maila catedral de Mondoñedo no Camiño Norte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí