CRTVG

Buscar

A Universidade a Distancia oferta un título oficial e específico para peixeiros

Publicado o 22/01/2019 16:27

O único título oficial esixido para mercar e vender peixe é o de manipulador de alimentos. O coñecemento adquírese basicamente co tempo e coa práctica diaria.

O mercado evoluciona e o consumidor tamén. Pensando niso, a Universidade a Distancia oferta un curso de Comercialización de produtos da pesca e a acuicultura co que obter un diploma de experto na materia. Unha formación teórica que os profesionais de toda a vida recoñecen como necesaria.

Como acontece con outros oficios, é escasa a remuda xeracional no mundo do peixe. E os que se incorporan de cero precisan mellor formación.

O curso pode facerse a través de Internet, consta de 16 créditos e custa uns setecentos euros. Pero de nada serve se non se sabe tamén meter as mans nas galas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019