CRTVG

Buscar

A UME ten drespregados 185 efectivos na illa da Palma

Publicado o 26/09/2021 21:28

Cada actuación, cada movemento, coordínase desde este posto de mando avanzado. Policías, Protección Civil, Garda Civil, a UME. Todos conflúen neste espazo. Desde aquí a Unidade Militar de Emerxencias monitoriza o avance da coada.

O brigada Fernando Turrunblu guiounos polo posto de mando mentres explicaba o traballo que realizan os 185 efectivos da UME despregados na illa. Nos últimos días vímolos moi preto do volcán medindo a toxicidade dos gases, vímolos tamén colaborando na evacuación dos veciños e acompañándoos cando puideron entrar ás súas casas. Ademais, o dron da Unidade Militar de Emexencias achega información moi útil sobre o comportamento do manto de lava.

A erupción do volcán volveu poñer a proba a capacidade de reacción da UME, un dos elos da gran cadea do dispositivo de emerxencias que traballa sen descanso na illa da Palma.

Noticias web

26/09/2021