CRTVG

Buscar

A UME súmase á busca de Marta Calvo

Publicado o 02/12/2019 14:33

A Unidade Militar de Emerxencias sumarase aos labores de busca de Marta Calvo. Nada se sabe desta muller valenciana que hai 25 días se citara cun home con quen contactara pola Rede e que é o principal sospeitoso da súa desaparición.

Os militares da UME sumaranse aos máis de cen efectivos que buscan algún rastro de Marta Calvo nos arredores da localidade valenciana de Manuel.

Alí foi onde o sete de novembro pasado Marta se citara cun home co que contactara pola Rede e que está considerado como o principal sospeitoso da súa desaparición.

A Garda Civil descubríu que este tiña un segundo piso alugado en Lollería, a 30 quilómetros, onde atoparon un ordenador e pezas de roupa con manchas que van ser analizadas para saber se son restos de sangue.

Os traballos de busca suspendéronse esta mañá polo mal tempo que hai na zona, onde toda a fin de semana rastrexouse polo miúdo nun río, dous pantanos e varios pozos.

A policía trata de dar agora co sospeitoso da desaparición de Marta: un colombiano, duns 35 anos, con antecedentes por tráfico de drogas e que xa foi investigado pola morte dunha muller por sobredose en Valencia o pasado mes de abril.

Noticias web

02/12/2019