CRTVG

Buscar

A UME intervén na extinción dun lume en Gran Canaria

Publicado o 23/02/2020 00:15
A UME intervén na extinción dun lume en Gran Canaria

 Un pelotón da Unidade Militar de Emerxencias, con 27 soldados e 3
auto bombas incorporaranse ao dispositivo de extinción do lume forestal declarado esta pasada tarde en Gran Canaria. O Cabildo insular pediu a participación do Exército para sufocar un lume que xa afectou a 150 hectáreas e queimou varias casas. O lume comezou ás 6 desta pasada tarde. Preocupa a súa ascensión cara á reserva natural de Inaugua.
 Os labores estanse a ver moi complicados polo forte vento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí