A ultradereita roza a vitoria en Finlandia
Publicado o 15/04/2019 18:50

En Finlandia, o partido socialdemócrata busca xa aliados para gobernar, despois da súa axustadísima vitoria de onte. O SDP superou por só 6.000 votos a formación de ultradereita dos Verdadeiros Finlandeses.
A suma das tres forzas de esquerda non suma maioría absoluta, polo que os socialdemócratas vense obrigados a buscar tamén algún tipo de entendemento cos conservadorese ou cos liberais de centro.