A última primeira comuñón de Chouzán, na Ribeira Sacra con cinco veciños
Este lugar é Chouzán. Esta é a igrexa de Santo Estevo, e a última vez que lle celebraron a festa ao santo foi no 1974. Daquela cada ano houbo menos vodas ou bautizos; por iso a comuñón de hoxe é festa grande.
Da vintena de convivdados que hai, sete viven en Suíza. Iso explica a situación de despoboación que vive a parroquia.
Lino é o avó da protagonista. Emigrou con menos de vinte anos e botou en Suíza outros corenta. Agora volveu pra Galicia. Pero a súa filla, que é mestra de educación especial, non conta volver, e a neta tampouco.
O crego ten 84 anos e atende 14 parroquias. Dóelle moito ter a certeza de que esta será a derradeira comuñón que celebra aquí.
O crego marcha apenado polo futuro; mentres, os festeiros cantan, hoxe é día de festa en toda a parroquia.