A última moda: camisetas co certificado covid para acceder á hostalería
Publicado o 03/08/2021 15:18

Nin no móbil nin en papel, o último é vestir o noso propio certificado covid nunha camiseta.
"E empezou como unha broma. Eu fago camisetas e cando vin a noticia de que era necesario o certificado covid dixen: por que non metelo nunha camiseta?", di Otis Rodríguez, o propietario da tenda de comisetas Lobisome, en Ourense.
A idea estendeuse como a pólvora polas redes e a broma transformouse en negocio. Cada vez en máis lugares, dentro e fóra de España, é necesario o certificado de vacinación contra a covid, de que se pasou a enfermidade ou dunha proba negativa para acceder ao interior da hostalería ou mesmo a actividades de ocio.