CRTVG

Buscar

A última etapa da París-Niza foi para Nairo Quintana

Publicado o 14/03/2020 20:13


As poucas competicións que si se disputan de xeito real, fano alterando o seu desenvolvemento. Tal é o caso da París-Niza, que se disputou sen público na saída nin na meta, e que tiña que rematar mañá pero fíxoo hoxe. Deste xeito, a organización evitaba o percorrido urbano polas rúas de Niza.

Na última tirada impúxose Nairo Quintana, que atacou a catro quilómetros da cima do último porto e ninguén puido seguilo. O colombiano fíxose co seu terceiro triunfo parcial desde que marchou ao equipo Arkea. O triunfo global foi para Maximilian Schachmann, que foi quen de aguantar todos os ataques. É o último gañador antes da parada do ciclismo ata o verán.
 

Noticias web

14/03/2020