A UE tenta hoxe desatascar o veto de Hungría e Polonia aos fondos europeos
Publicado o 19/11/2020 16:17
En Bruxelas, os 27 tentan hoxe desatascar o veto de Hungría e Polonia aos fondos europeos de recuperación. Pero todo apunta a que os cartos tardarán en chegar.
Así as cousas, vaise atrasando o fondo para España e o resto dos países. Hoxe analízase o veto, pero haberá que negociar con Hungría e Polonia, e as conversas son complexas.
E iso que as axudas son cruciais para as economías europeas, segundo acaba de dicir Christine Lagarde, a presidenta do Banco Central Europeo.
Deste fondo, Bruxelas calcula que España recibirá só 6.400 millóns no 2021. O resto poden tardar moito en executarse.