CRTVG

Buscar

A UE selecciona un proxecto galego para a busca de fármacos antitumorais

Publicado o 23/09/2020 13:58

A UE seleccionou un proxecto do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para a busca de novos fármacos antitumorais. O coronavirus obrigara a atrasar a posta en marcha deste proxecto que agora terá acceso aos grandes centros europeos especializados na busca de fármacos. 

O proxecto que leva adiante o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago é un dos doce que seleccionou a UE para buscar novos fármacos antitumorais.

Acabar con estas células residuais do tumor que a quimioterapia non puido eliminar é o obxectivo desta investigación, que agora poderá acceder a un catálogo europeo de máis de 120.000 compostos químicos.

Como tantas outras investigacións, este proxecto tivo que aprazarse pola irrupción do coronavirus e agora ponse en marcha de novo co apoio da UE, que vai pór a disposición dos proxectos selecccionados recursos e instalacions especializadas na busca de fármacos.




 

Noticias web

23/09/2020