CRTVG

Buscar

A UE rexeita a expulsión dos diplomáticos españois e mediará para restablecer as relacións con Bolivia

Publicado o 01/01/2020 10:49

Unha medida "extrema e inamistosa". Así cualifica a Unión Europea a decisión do goberno interino de Bolivia de expulsar dous diplomáticos españois. Desde La Paz, a chancelería de Exteriores tenta agora restaurar as relacións co Reino de España. Anuncia que vai acreditar un alto representante diplomático para superar canto antes o "impasse" entre os dous países. A delegación da Unión Europea en Bolivia expresou a súa profunda preocupación pola expulsión dos diplomáticos españois e fixo una chamamento a que o executivo de Jeanine Áñez respete a Convención de Viena sobre relacións diplomáticas.

Noticias web

01/01/2020