A UE quere implantar un semáforo epidemiolóxico para regular os desprazamentos entre países membros
Publicado o 09/10/2020 15:26
A fórmula do mapa de cores, a xeito de semáforos, aplicada nos concellos galegos, tamén quere implantarse en Bruxelas para regular os desprazamentos entre países membros.
Trátase dun semáforo epidemiolóxico de risco que dará información sobre a situación sanitaria de cada país.
Así, nas rexións verdes os viaxeiros poderán regresar sen ser sometidos a probas ou corentenas, ao revés do que sucede nas zonas laranxas e vermellas, con máis risco.
Trátase dun mecanismo conxunto, pactado entre os Vinte e sete, para tratar de salvar o principio de libre circulación e acabar coa falta de coordinación entre países á hora de impoñer restricións de viaxes ou corentenas.
A proposta parte da presidencia alemá e podería aprobarse o vindeiro martes.
Máis sobre Política
18/01/2021 17:08
18/01/2021 16:50