CRTVG

Buscar

A UE prepara unha demanda contra AstraZeneca pola falta de vacinas

Publicado o 22/04/2021 21:07

Era unha ameaza que sobrevoaba dende hai semanas e que está a piques de concretarse. A Comisión Europea xa ten o apoio da maioría dos países da Unión para denunciar a AstraZeneca diante da xustiza belga.

O proceso sería polos continuos incumprimentos da farmacéutica no envío de vacinas durante o primeiro trimestre. De 120 millóns de doses agardadas, só chegaron 30 millóns. E estes atrasos estanse a reproducir en abril.

Para garantir as futuras subministracións da vacina, a Comisión buscará que AstraZeneca estea obrigada cunha sentenza xudicial a respectar os compromisos do contrato.

Ademais, descartou comprarlle 100 millón de doses ás que tiña dereito.