CRTVG

Buscar

A UE ofrécelle un pacto comercial aos Estados Unidos

Publicado o 16/04/2019 18:41

A Unión Europea emprega a táctica do pau e a da cenoria cos Estados Unidos. Na mesma semana en que prevé anunciar as represalias coas que respondería en caso de que Washington endureza a guerra comercial, os 28 propoñen a apertura de negociacións para facilitar o intercambio de produtos industriais. A comisaria de comercio, Cecilia Malmstrom, di que están preparados.

Cren posible encarrilar as negociacións antes de que remate o actual mandato da comisión, a finais de outubro A Unión Europea só pon dúas condicións: deixar fóra das conversas os produtos agrícolas e as licitacións públicas, e supeditar calquera acordo ao levantamento dos aranceis sobre o aceiro e o aluminio europeos. Bruxelas calcula que o pacto podería aumentar os actuais intercambios comerciais en 30.000 millóns de euros e elevar un 8% as exportacións ao outro lado do Atlántico de aquí a 2033.

A oferta chega coa oposición de Francia: Emmanuel Macron sofre a súa segunda derrota interna, despois de que a Unión tampouco secundara a súa negativa a darlle máis tempo aos británicos para salvar o brexit.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019