CRTVG

Buscar

A UE mercará 100 millóns máis de vacinas de Pfizer

Publicado o 19/04/2021 21:28

A Unión Europea mercará 100 millóns adicionais da vacina fabricada por Pfizer. Bruxelas executa esta compra extra ante os atrasos nos envíos do tratamento de Astrazeneca, que continuarán ata o verán. A Comisión Europea non quere perder tempo. E logo de garantir que Pfizer e BioNTech adiantarían millóns de doses do cuarto trimestre a este segundo, ampliou o segundo pedido. 100 millóns de vacinas adicionais que chegarán ao longo deste 2021.

En total, a Unión recibirá 600 millóns de doses destas dúas farmacéuticas, reforzando o seu papel como espiña dorsal das campañas de vacinación europeas. Aquí en Bruxelas, tamén se agarda o veredicto da Axencia do Medicamento sobre outra vacina, a de Janssen. O regulador pode despexar este mesmo martes as dúbidas sobre a relación cos casos de trombose en pacientes dos Estados Unidos, desbloqueando así a entrega no continente de miles de doses dese novo tratamento contra a covid.

Noticias web

19/04/2021