CRTVG

Buscar

A UE mantén as restricións ás viaxes non esenciais

Publicado o 26/02/2021 20:58

Aquelas non esenciais dende fora da Unión Europea seguirán limitadas. E tamén se restrinxen os desprazamentos internos dentro do espazo comunitario.


España ven de mantelas ata o 31 de marzo, Grecia retiraraas un pouco antes e en Francia seguen vixentes. De feito, estano na meirande parte dos socios da UE polo medo ás novas variantes do virus. Esa é unha das alertas que sae do Cumio Europeo.

Aquí en Bélxica as restricións ás viaxes durarán até 1 de abril, aínda que a Comisión cualificounas como desproporcionadas.

Pero este venres o goberno belga decidiu frear a desescalada e non haberá sequera unha apertura parcial dos bares. En Bruxelas o toque de recollida mantense ás 10 da noite.

O medo é unha terceira vaga do virus, que aínda non estoupou en Bélxica.
 

 

Noticias web

26/02/2021