CRTVG

Buscar

A UE investiga se a compra de Air Europa dana a competencia en España

Publicado o 30/06/2021 16:06

A operación de compra de Air Europa por parte de IAG, a sociedade matriz de Iberia ou Vueling, non supera o primeiro cribado da Comisión Europea.

A Comisión Europea está preocupada pola posible redución da competencia na rutas aéreas españolas e tamén nas internacionais coa orixe ou destino en España. Que a adquisición de Air Europa, unha das aeroliñas destacadas segundo insiste a propia Comisión, polo xigante propietario de Iberia e de Vueling supoña un aumento dos prezos é tamén unha peor calidade para os pasaxeiros. En definitiva, que haxa unha redución dos voos.

Por iso se abre esta investigación en profundidade, que pode chegar a paralizar a compra de Air Europa. A sentenza definitiva coñecerase, como moi tarde, o 5 de novembro. 

Noticias web

30/06/2021